Pola súa parte, nesta simulación realizada por Benito Montenegro podemos adiviñar como era a Praza de América na época dos tranvías.
Alcalde, se tanta nostalxia lle trae o tranvía, implánteo de novo, como xa fixeron Sevilla, Zaragoza, Cádiz (co seu tren-tram) ou Xaén, entre outras cidades do Estado español. E sobre todo, alcalde, non minta á xente dicindo que Vigo se vai endebedar porque hoxe máis que nunca disporíamos tanto de fondos estatais como europeos.
Atrévase, alcalde. Do contrario, outros nos atreveremos, e para entón xa non estará vostede no Goberno vigués.
No hay comentarios:
Publicar un comentario