EN SENTIDO PRAZA DE INDUSTRIA/PORTO:
• Engádese unha nova viaxe con saída ás 05:15 do Aeroporto de Peinador, que pararúa á s 05:25 na parada de San Cristovo (facendo regulación aí), ás 05:35 nos Choróns e ás 05:40 en Policarpo Sanz, 25; ás 05:50 en Rúa Coruña, 21 e ás 05:55 en Fragoso, 12, para chegar a Stellantis xusto ás 06:00. Esta viaxe pódese meter na Circular Nocturna en sentido ascendente, para non ter que meterlla a un conductor de diario.
• Prolónganse as viaxes que rematan ás 13:20 e ás 21:36 en Praza de Industria, para deixar ao persoal na factoría, e métese na factoría a seguinte viaxe, que pasa ás 13:59 pola Rúa Coruña, neste caso para recoller ao persoal en dirección Porto e CUVI.
EN SENTIDO AEROPORTO:
• A viaxe que comeza en Castrelos, 33 ás 05:51 prolóngase ata o Porto, con saída ás 05:35~05:40, e métese na factoría. A viaxe que comeza ás 05:21, faise saír da factoría para os traballadores que saen do turno de noite.
• A viaxe que sae ás 13:44 de Praza de Industria, faise saír de Porto ás 13:24 (orientativamente) e métese na factoría. A viaxe que sae ás 13:41 do CUVI métese na factoría para recoller viaxeiros.
• A viaxe que sae ás 20:55 do CUVI métese na factoría para depositar viaxeiros do turno de noite. Axústase a viaxe que sae ás 21:55 da Praza de Industria para que saia preto das 22:00 da factoría, ou engádese outra polo medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario