martes, 21 de abril de 2026

De como unir o tranvía do Cuvi coa Praza de América.

Certas entradas atrás propuxemos a planificación e construción dun tranvía Stellantis - Cuvi, dentro da rede que se vén deseñando neste sitio web para Vigo, e aquí prantexámonos o problema de unir este tranvía co resto da rede, con dúas alternativas e con implicacións no ancho de vía.

Opción 1: Castrelos

A peor, xa que por esta rúa xa existe un carril reservado a autobuses e énchese dd coches debido ao enlace coa Circunvalación de Antonio Palacios, que desauga o seu tráfico en Castrelos, preto do parque. Tería que ser unha soa vía, polo actual carril bus, mandando todos os buses obrigatoriamente por Fragoso. Opción molesta, pero viable se se queren eliminar coches de xeito radical.

Opción 2: Florida, Manuel de Castro, Balaídos e Stellantis

Trátase de meter dúas vías (unha de ida, outra de volta) pola Florida ata a rotonda con Manuel de Castro, baixando por alí ata o Estadio e circulando por Val Miñor ata a estación que nomeáramos Grada de Río - Iago Aspas, para invertir a marcha alí e continuar pola liña do CUVI. Pódese facer tamén cunha pequena curva á esquerda no desemboque de Val Miñor sobre Portanet, con servizos que entren e que non entren na cabeceira de Grada de Río. De xeito inverso, pódense programar servizos dende o Cuvi para partidos do Celta entre semana, que sexan gratuítos para abonados e viaxeiros/as que teñan entrada para o partido.

Opción menos molesta que a de Castrelos, aínda que se obrigaría a que as liñas 5A, 11 e 29 circulasen por Fragoso dende e ata Manuel de Castro, coincidindo estritamente co tranvía.

Opción 3: circuíto neutralizado

Básicamente consiste en mandar o tranvía de ida dende Praza de América por Castrelos, en vía única, e o de volta dende Pereiró por Portanet, Stellantis, Estadio de Balaídos, Manuel de Castro e Florida ou ben pola Avenida de Citroën até o nó do Caramuxo (rotonda coa Estrada de Camposancos, Florida e o ramal da estrada VG-20 a Navia), e dende alí por Florida. Foméntase o servizo CUVI - Navia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario