TRONCO BALAÍDOS - SAMIL: 2,2 + 1,9 + 0,5: 4,6 quilómetros.
• Balaídos - Colexio Amor de Dios: 2,2 km
• Balaídos - Estadio do Coruxo F. C.: 5,4 quilómetros por Camposancos e a Estrada do Vao (todos de nova construción)
• Ou ben, 6,4 quilómetros pola Avenida de Europa e a Estrada do Vao, dos cales 3,6 pertencen á variante de Samil. Vía a construír: 2,8 km de unión Coruxo - Polideportivo de Samil.
TRONCO BALAÍDOS - PRAZA DE ESPAÑA: 2,9 quilómetros.
• Balaídos - Praza de América, por Val Miñor e Fragoso: 1300 metros.
• Balaídos - Praza de América, por Val Miñor e Fragoso: 1300 metros.
TRONCO PRAZA DE ESPAÑA - TEIS (RÍOS): 950 m + 450 m + 600 m + 300 m + 400 m (Ramal a Guixar) + 2,8 km = 5,5 quilómetros.
• Praza de España - Farola de Colón: 950 metros.
• Praza de España - Farola de Colón: 950 metros.
TRONCO DO CALVARIO: 600 m + 1,9 km + 1,8 km + 300 m + 900 m + 1,1 km + 1,2 km = 7,2 quilómetros.
• Sanjurjo Badía, 252 - Repsol (Entrada da Travesía de Vigo dende Ángel de Lema): 600 metros.
• Sanjurjo Badía, 252 - Repsol (Entrada da Travesía de Vigo dende Ángel de Lema): 600 metros.
• Estación de Servicio Repsol - Gregorio Espino, 2: 2,4 km, por Aragón e Jenaro de la Fuente. Dos cais hai que deducir 600 metros ata Aragón, 223 (cabeceira C4A).
• Travesía de Vigo, 43 - Gregorio Espino, 66: 1,2 km. (300 ata Gregorio Espino, 2 e dende Gregorio Espino, 2 son 900 metros).
• Gregorio Espino, 66 - Praza de España: 1,1 km (polo carril dereito da Avenida de Madrid, o retorno farase por Pizarro).
• Praza de España - Rotonda Telepizza: 1,2 km.
EN TOTAL: 4,6 (Balaídos - Samil) + 5,4 (Balaídos - Vao) + 2,8 (Vao - Samil) + 2,9 (Balaídos - Praza de España) + 7,2 (Tronco do Calvario) + 5,5 (Tronco de Teis) = 28,4 quilómetros totais (en vía única, habería que sumar as partes que se queiran desdobrar e os cruzamentos). Pedir un permiso para poder meter unha Tranvía na Avenida de Madrid, en caso negativo débese facer ida e volta por Pizarro, coas consecuentes molestias ocasionadas)
Estacións:
• Liña 1 (12,8 km): RÍO “IAGO ASPAS”, STELLANTIS (en fronte), Colexio Amor de Dios, Avenida de Europa/Navia, Samil-Verbum, SAMIL-CIRCUÍTO, SAMIL-POLIDEPORTIVO, Camposancos-Hyundai, Camposancos-Vitrasa, Camposancos-Concesionarios, Camposancos-FCC, Camposancos-Xurela, unha ou dúas na Estrada do Vao, Coruxo FC, CAPELA DO VAO, Praia da Fontaíña, Río Lagares, SAMIL-POLIDEPORTIVO. A liña ten 18 estacións das csles 5 son csbeceiras e 13 pasantes; recibirá o nome de COSTA OLÍVICA e levará a cor VERDE OLIVO.
Percorrerá-se a unha velocidade media estimada de entre 36 e 45 km/h (10 e 12,5 m/s), con todas as paradas de un minuto (13 minutos) máis as extremas de cinco, e 3 de 2 minutos (10 + 6), son as escritas en maiúsculas; a 10 m/s de media a liña toma 21 minutos e 20 segundos de percorrido, e a 12,5 m/s, 17 minutos e 4 segundos. Pode haber tramos a velocidades inferiores motivados polas condicións do tráfico. Tempo total máximo: 60 minutos. A tres tranvías percorrendo a liña, fanse 20 minutos de frecuencia.
• Liña 2: (8,4 km) RÍO - IAGO ASPAS, Val Miñor (Marcador), Fragoso (1, 2 e 3, por nomear), PRAZA DE AMÉRICA - CELTA FORTUNA (ao final de Fragoso), Gran Vía I - Institutos, Gran Vía II - Centro Comercial, Gran Vía III, PRAZA DE ESPAÑA/2 DE MAIO, Gran Vía - Venezuela, Gran Vía - Redeiros, Farola de Colón - RC CELTA, García Barbón - Europa (na Axencia de Control de Pesca, EFCA) - Santiago de Vigo, García Barbón - HALO, Metalúrxica, Nó de Isaac Peral, Guixar - Concepción Arenal, Calzada - Xulián Estévez, Sanjurjo Badía - Barrio das Flores, Sanjurjo Badía - Enrique Lorenzo, Sanjurjo Badía - Os Caños (nº 252), Teis - Galiza (na Avda de Galiza), Marina Española - Blas de Lezo, ETEA - Manuel Arias Paz, Os Ríos. A liña recibirá o nome de JULIO VERNE e a cor CELESTE. O número de estacións da liña é de 29, das cales dúas son extremas, de cinco minutos, tres son de 2, e o resto de 60 segundos, o que fai un tempo de parada de 48 minutos. A liña poderá percorrerse a 36 quilómetros por hora (10 m/s) ata a Praza de España (2,9 quilómetros a 36 km/h levan cinco minutos) e entre Praza de España e Teis, habería que baixar a velocidade ata 18 quilometros por hora (5 m/s), e sae un tempo de 18 minutos e 20 segundos. Con todo, un tranvía tarda unha hora e cuarto, aproximadamente. Con cinco tranvías percorrendo a liña tense unha frecuencia de 15 minutos.
• Liña circular 3 (7,2 km): Bos Aires, Ángel de Lema (ao final de Bos Aires), Travesía de Vigo - Fenosa, TRAVESÍA DE VIGO - CENTRO COMERCIAL (cabeceira), Travesía de Vigo - Mestre Chané, Travesía de Vigo - Elevador, Travesía de Vigo - San Lorenzo, Travesía de Vigo, 43 - Asturias, Gregorio Espino, 2; Aragón, 223 - Río Ebro, Aragón - Centro, Aragón - Faro, Aragón - Redomeira, Aragón - Calvario, JENARO DE LA FUENTE - EXTREMADURA, Jenaro de la Fuente - Maruja Mallo, Gregorio Espino, 2; Gregorio Espino - San Roque, GREGORIO ESPINO - CIG, Gregorio Espino, 66; Avenida de Madrid - San Roque, Avenida de Madrid - Xeral Cíes, PRAZA DE ESPAÑA (cabeceira), Pizarro - Cidade da Xustiza, Pizarro - Vázquez Varela (habilitar un espazo para meter un vehículo de 30 metros de longo aí), Pizarro - Reis Católicos, TRAVESÍA DE VIGO - CHORÓNS.
Número de estacións: 20 por Travesía e 22 por Aragón, todas de un minuto excepto as escritas en maiúsculas que son de dous, e ss marcadas como cabeceira que son de cinco. Isto fai dez minutos en ambas liñas, máis unha de dous para a liña do Calvario, máis dúas de dous para ambas liñas. Por Travesía párase 16 + 4 + 5 = 25 minutos, e por Aragón párase 17 + 6 + 5 = 28 minutos.
Velocidade: 18 km/h por Travesía a partir do centro comercial, e entre Praza de España e Choróns, e 36 km/h por Buenos Aires, Travesía ata o C. C., Aragón, Jenaro de la Fuente e a Avenida de Madrid. Isto fai que dende Buenos Aires (600 m + 600 m) ata o centro comercial se percorra a 10 metros por segundo, obtendo dous minutos; que por Aragón e Jenaro de la Fuente se circulen 2.400 metros a 10 metros por segundo, obtendo 240 segundos (catro minutos), que pola Travesía se circulen 1,8 km a 5 metros por segundo, tardándose 3 minutos e 36 segundos. Por Gregorio Espino, máis do mesmo, dende Travesía de Vigo 43 son 1200 metros, o que arroxa un tempo de 2400 segundos (Catro minutos), e dende Jenaro de la Fuente son 900 metros a 5 metros por segundo, 1800 segundos (3 minutos). Na Avenida de Madrid percórrense 1100 metros a 10 m/s (110 s, 1:50 min.), e entre Praza de España e Choróns, 2400 metros a 5 metros por segundo (4800 segundos, 8 minutos).
Por Travesía tárdanse 2:00 + 3:36 + 4:00 + 1:50 + 8:00 = 19:26 min. + 25 minutos de paradas resultan 39:26 minutos + 6 minutos de volta a Bos Aires polo Calvario son 45:26 minutos de volta. Maioramos a 50 minutos.
Por Aragón tárdanse 2:00 + 4:00 + 3:00 + 1:50 + 8:00 = 20:50 min. + 28 minutos de paradas resultan 48:50 minutos + 5:36 de volta a Bos Aires por Travesía resultan 54:26 minutos.
Frecuencia: unha hora para as dúas liñas.
Datos técnicos:
Vía: na liña 2, dobre, enteira; na liña 3, dobre excepto Gregorio Espino, Avda Madrid e Pizarro, que será única. Na liña 1, dobre por Avda. Citroën e Avda. Europa, única no resto da liña, con cruzamentos en determinadas paradas. Ancho métrico.
Catenaria aérea, a 600 voltios corrente continua.
Raios das curvas: os necesarios.
Ramal de Castelao: a tratar na próxima entrada. Treito entre a Rotonda de Avda. Europa e Praza de América, todo en vía dobre apta para circular a 45 km/h, electrificado e harmonizado co resto da rede proxectada. Catro ou cinco paradas nel.
Ramal de Echegarai: o mesmo, por M. Echegaray e M. De Castro, ao ser fortes pendentes deberán levar dobre fío e feeder de acompañamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario