martes, 21 de abril de 2026

O Vigo do tranvía emerxe

Recentemente puidemos coñecer que nas obras de humanización en Pintor Lugrís e López Mora emerxeu un raíl do antigo tranvía de Vigo, que funcionou até o 31 de decembro de 1968. Irónicamente, Abel Caballero di que “o collera unhas cantas miles de veces” para ir estudar ao Instituto Santa Irene (palabras textuais do artigo que citamos no anterior enlace)

(Tranvía de Vigo a Baiona)

Pola súa parte, nesta simulación realizada por Benito Montenegro podemos adiviñar como era a Praza de América na época dos tranvías.

Alcalde, se tanta nostalxia lle trae o tranvía, implánteo de novo, como xa fixeron Sevilla, Zaragoza, Cádiz (co seu tren-tram) ou Xaén, entre outras cidades do Estado español. E sobre todo, alcalde, non minta á xente dicindo que Vigo se vai endebedar porque hoxe máis que nunca disporíamos tanto de fondos estatais como europeos.

Atrévase, alcalde. Do contrario, outros nos atreveremos, e para entón xa non estará vostede no Goberno vigués.

No hay comentarios:

Publicar un comentario