Mais aquí preguntámonos outra cousa. Como sería e que horarios tería o tren nocturno que foi eliminado tras a pandemia? Lembremos que os poucos trens nocturnos que quedaban en España (Barcelona - Granada, por Alcázar de San Xoán; Madrid - Galicia e Barcelona - Galicia) foron infamemente eliminados pola administración central, alegando a pandemia de COVID-19 como motivo, ademáis da conexión co País Vasco (o famoso Expreso de Irún). Non nos esperamos moito, xa que as ramas Talgo VII que servían ao Trenhotel Galiza - Barcelona están a ser empregadas para fabricar as ramas G4 do Talgo Avril (serie 107 de Renfe, sendo a serie 106 os trens Avril actuais, coñecidos polos seus problemas de vibracións: basta con buscar en Google "talgo avril problemas" e aparecerán noticias de toda clase).
Imaxinemos, por un momento, que puidésemos recuperar ese tren nocturno (se ben facía percorrido por Logroño e Castejón de Ebro, e non por Vitoria). Cando este servizo existía, tardaba dúas horas máis que o Alvia diúrno, pero para este exercicio de ficción imos supoñer uns tempos de viaxe iguais aos do Alvia diúrno, tendo en conta as características da liña e que as locomotoras 252 de Renfe poden acadar 200 km/h baixo catenaria de 3.000 V cc. Tamén teremos en conta os habituais retrasos, averías e queixas por parte dos maquinistas (tendo chegado despois das doce da noite a Guixar). Imos supoñer tamén unha saída de Vigo-Urzáiz ás 18:32 (antes da súa supresión saía sobre as seis da tarde da estación de Guixar), e con estes datos quedaríanos un horario tal como segue:
Vigo Urzáiz 18:32
Pontevedra 18:48
Vilagarcía de Arousa 19:04
Santiago de Compostela 19:30
Ourense 20:25
Monforte de Lemos 21:15
San Clodio - Quiroga 21:42
A Rúa - Petín 22:05
O Barco de Valdeorras 22:16
Ponferrada 22:52
Bembibre 23:08
Astorga 23:52
León 00:35
Palencia 01:19
Burgos 01:58
Miranda de Ebro 02:57
Vitoria/Gasteiz 03:23
Pamplona 04:24
Tafalla 04:55
Castejón de Ebro 05:24
Tudela de Navarra 05:36
Zaragoza - Delicias 06:26
Lleida - Pirineus 07:16
Camp de Tarragona 07:54
Barcelona - Sants 08:40
(Horas orientativas)
En sentido contrario (chegaba a Vigo arredor das once da mañá):
Barcelona - Sants 21:05
Camp de Tarragona 21:41
Lleida - Pirineus 22:13
Zaragoza - Delicias 23:05
Tudela de Navarra 23:58
Castejón de Ebro 00:11
Tafalla 00:38
Pamplona 01:08
Vitoria/Gasteiz 02:03
Miranda de Ebro 02:26
Burgos 03:33
Palencia 04:10
León 04:58
Astorga 05:39
Bembibre 06:22
Ponferrada 06:38
O Barco de Valdeorras 07:17
A Rúa - Petín 07:29
San Clodio - Quiroga 07:51
Monforte de Lemos 08:16
Ourense 09:01
Santiago de Compostela 09:50
Vilagarcía de Arousa 10:22
Pontevedra 10:40
Vigo - Urzáiz 10:57
(Horarios orientativos)
Isto debe facerse, por suposto, establecendo os correspondentes enlaves en Santiago, cara á Coruña, en Monforte, cara a Lugo, e en León, cara a Oviedo e Xixón. Igualmente, habería que despeazar o actual Rexional Exprés Ponferrada - Vigo, xa que se solaparía con este servizo, atrasando a saída deste último ata as oito da mañán, por exemplo (tendo en conta que ata non fai tanto ese tren facía un receso de dúas horas en Ourense).
Do mesmo xeito, pódese recuperar a conexión con Madrid por León, xa que foi o último percorrido que se realizou, ao eliminarse o tren nocturno por Zamora e dado que non era necesario cambiar de tracción, ao dispoñerse de electrificación en todo o percorrido (entre Ourense e Medina del Campo o Trenhotel Rías Baixas circulaba con locomotoras das series 333 e 334 de Renfe). Ao estar cortada a liña do Miño, aproveitaríase o Eixo Atlántico para acoplar a rama de Coruña (e de Ferrol, de ser o caso) en Santiago, e a de Lugo (tamén, de ser o caso) en Monforte. Pero isto queda para outro artigo.
Por último, engadir que nas súas horas máis baixas, o Trenhotel a Madrid circulaba tan só con cinco vagóns: un coche turista de prazas sentadas, dous de camas, un coche cafetería e o coche técnico propio dos trens Talgo. Conformariámonos con iso para recuperar o servizo a Barcelona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario