domingo, 19 de abril de 2026

O Ramal de Manuel de Castro

Consiste nun ramal de 950 metros, que uniría a rotonda do barco de Alfageme, na Avenida de Castelao, coñecida polo Alcampo alí sito, e o Estadio de Balaídos polas rúas de Manuel de Castro e Martín Echegaray, seguindo a liña de puntos azuis:
O problema que tería este ramal sería o perfil de altura:
A pendente media que se obtén resulta de facer (54-9) ÷ 1200, resultando un 3,75% (37,5 milésimas), pendente que pode ser subida perfectamente por un tranvía.

De realizarse unha liña completa de tranvía dende os Choróns por Pizarro, Gran Vía, Fragoso, Estadio de Balaídos, Manuel de Castro e Martín Echegaray, solaparíase por completo co percorrido da liña 23, únicamente quedando a zona do Calvario e a Dobrada sen solapar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario