miércoles, 28 de enero de 2026

Sobre os horarios de Ojea

As poucas persoas que se prodiguen por este blogue saberán que eu era ávido lector de Vigo360. Alí, en xaneiro de 2024 publicouse unha entrada na que se falaba sobre Ojea, clásica empresa de transporte de viaxeiros por estrada que mantivo a súa histórica concesión entre Vigo, Ponteareas, Leirado, As Neves e Arbo. Destacábase naquela entrada que un dos seus puntos débiles era a páxina web, e nomeadamente a presentación dos horarios do servizo.

No seu momento, realicei unha folla de Excel, envieina a Vigo360 e publicáronma, quedando tal e como podedes ver a continuación (clicando na imaxe, pódese ampliar):
O obxecto desta entrada simplemente é reivindicar a autoría do documento, ao que podedes acceder aquí. Propuxérame, no seu momento, facer un horario con todas as liñas do Condado nunha soa táboa; ante os continuos incumprimentos de Monbus na liña a Salceda (entre outras), comprendín que era inútil.

COMUNICADO: Reacción á folga do transporte na provincia da Coruña

Ante todo, dende República Olívica queremos manifestar que sempre apoiamos e apoiaremos os movementos da clase traballadora que padece abusivas condicións impostas por unha patronal que só pretende o lucro a calquera custo (monetario, humano, ambiental e material).

Na provincia da Coruña vénse vendo unha situación de folga no transporte de viaxeiros por estrada (é dicir, autobuses) dende hai uns meses. Hai quen di que ninguén gaña nada con isto; se ben é certo, tamén é certo que para que nunha provincia enteira, e máis nunha provincia como Coruña, poboada por máis dun millón de habitantes, se produza unha situación de folga sostida durante tanto tempo e que afecta non só aos servizos interiores (Urbano de Santiago, Tranvías de Coruña, liñas dentro da provincia) senón tamén a contratos da envergadura da concesión XG-817 e incluso a liñas de transporte por autocar cara ao resto do Estado español, pódese deducir que os traballadores e as traballadoras do sector non tiñan moito que perder.

Exposto o cal, e ante o descoñecemento da situación, hai outra folga que todas as viguesas e vigueses lembramos de preto, que mantivo o noso transporte urbán en situacións de paros parciais ou indefinidos durante case tres anos seguidos, e tras a que, ao final, as condutoras e condutores conseguiron ver materializadas unha parte importante das súas demandas. Aprendemos, pois, que a mobilización dunha clase traballadora organizada, forte e insubmisa fronte ao capital sempre repercute en beneficios para tal clase. A xornada de oito horas conseguiuse neste país tras a folga de La Canadiense en Barcelona, polo que dicir que ninguén gaña nada cunha folga, alén de desinformar, é simplemente negar a Historia (por non dicir que é un insulto á intelixencia). Ningún dereito se conseguiu pedíndollo por favor ás clases dominantes e ás diferentes manifestacións do poder (gubernamental, empresarial, xudicial, mediático, dixital, etcétera).

Dende aquí esperamos que as compañeiras da clase traballadora coruñesa amosen a súa solidariedade co sector do transporte de viaxeiros por estrada, e non podemos senón sumarnos ás peticións das empregadas e empregados que van á folga, e que, como moi ben se di no enlace anterior, son os que máis teñen que perder; igualmente, tamén son quen máis pode gañar, porque para manter dous meses longos de folga na maior provincia da Galiza, quizais xa non lles quede nada que perder.

Dito isto, mostramos o noso rexeitamento ante informacións nas que se diga que cunha folga non gaña ninguén.

Espiral Áurea, 28/01/26. 04:48 a.m.

sábado, 24 de enero de 2026

Reforma das liñas de Vitrasa, parte 2

Liña 14: como xa se mencionou en varias entradas, prolongación a Meixoeiro e Cuvi. Aparentemente vai abrir un hipermercado en Recaré, polo tanto haberá que ver en que queda todo.

Liña 15: é perentorio desacoplar o 15C e independizalo das liñas 15A e B, ou ben duplicar os vehículos, pasando a ter á 15A circulando cada 15 minutos, e as outras dúas cada 30. Os sábados, a 15C debe subir á Universidade.

Liña 16: recuperación do percorrido circular inverso ao da C1. Recuperación da C4B.

Liña 17: como imos propoñer a recuperación da 20, a 17 tería a súa fin, alternativamente, en Matamá e Canteiros, 49 (Fonte Alvite). Mantemento da súa frecuencia actual, con viaxes a Ríos a demanda.

Liña 18: desmembramento en dúas, quedando como 18 a actual 18A.

Liña 20: recuperaríase un número histórico co percorrido anterior á súa eliminación (Pza. Industria - Freixo), e coa mesma frecuencia (60' en laborables e 120' en sábados).

Liña 21: as actuais variantes B e H da liña 18, collerían o número 21 e circularían, alternativamente, cara a Pouleira (B) e o HAC e Matamá (H), respectivamente. Funcionamento en laborables e sábados. Tanto en sábados como nos festivos, sairía ás 08:00, 15:00 e 22:00 do Hospital.

Liña 23: prolongación horaria cara a mañá e a noite, e pasos por Stellantis Vigo no entorno das 6, 14 e 22 horas. Primeira saída da factoría ás 06:15, última ás 22:15. Prolongación a Navia por Castelao.

Liña 24: Fusión co H1, xa tratada neste blogue, en entradas anteriores.

Liña 25: Desacoplamento da 29, ou ben, un aumento nos autobuses da 29 que faría circular esta última cada 15 minutos, establecéndose en 30 a frecuencia da 25. Poderíase prolongar ao Hospital do Meixoeiro ou ao Aeroporto de Peinador, experimentalmente.

Liña 27: prolongación ao HAC e ensaios ao CUVI entre as 08:00 e as 15:00. Duplicación dos autobuses, pasando a circular cada 34 minutos en lugar dos 68 actuais.

Liña 28: Servizo a demanda. Fusión coa 24, 9B e H1 xa tratada noutras entradas ("Sobre as liñas 24, 28 e H1").

Liña 30 (Circular Nocturna): Recuperación das saídas horarias ás 23:00, 00:00, 01:00, 02:00 e 03:00. Restablecemento das liñas N2 e N3. Potenciación da N4. Ensaios coa C1 nocturna en laborables.

Liña 31: Ensaios ao CUVI, redución da frecuencia a 20 ou 15 minutos en laborables. Recuperación da frecuencia de 40 minutos en sábados e ensaio desta en domingos. Débese garantir viaxes ás 8, 15 e 22 do Hospital do Meixoeiro todos os días da semana, incluíndo o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, coa correspondente prima salarial aos condutores.

Liñas "U": creación de novos "U's" (U3 a Navia, U4 a Coia e Bouzas, U5 a Teis, etc.). Incorporación da denominación "U6" para a ampliación da 6 ao Campus Universitario, así como "U14", "U31", etc.

PTL: Como se propón dende Vigo360, blogue no que fun colaborador, poderíase ampliar a H2 en días non festivos da Universidade. Porén, isto empeoraría a frecuencia da H2 polo que se require incorporar un segundo vehículo na liña.

Liñas "H": respecto da H1 falamos, tanto en República Olívica como en Vigo360, sobre a fusión coa liña 24 e incluso coa 9B; en canto á H2 poderíase facer unha ampliación por Martínez Garrido, Jenaro de la Fuente e Travesía de Vigo en viaxes provenientes da Avda. Madrid, e en sentido contrario coas viaxes do Barrio de Ribadavia e Reiseñor. A liña H3 debe circular todo o día, de 7 a 21 en sentido Hospital, e de 8 a 22 en sentido Teis. Débense garantir expedicións ás 8, 15 e 22 todos os días da semana.

Con isto, pouco queda por engadir. Calquera suxerencia é benvida, veña de quen veña.

Proposta de autobús urbano Vigo - Redondela - Viso/Cedeira/Reboreda, con anexos (XG-624)

A partires dos datos colleitados na entrada “De como Monbus nos ensina estatística” propoñemos, en República Olívica, a creación dunha liña operada por un consorcio entre Monbus, Vitrasa e Autos González, dende a estación intermodal de Vigo ata Redondela (Farola), con prolongacións ao Viso, ao Castelo de Soutomaior, a Reboreda, a Cedeira e á praia de Cesantes. O horario sería de 8 a 22h, cada dúas horas, cos seguintes pasos (en cada parada débese facer unha regulación de un minuto):

Vigo E. I.: 00'.
Travesía, 43: 08' ± 50 segundos.
Avda. Galicia/Buenos Aires: 16' ± 50 s.
IES Teis - Sete Torres: 19' ± 50 s.
Chapela (Mercado): 25' ± 2 minutos.
Rande: 30' ± 2 minutos.
Redondela (Farola): 40' (Regulación aquí)
Prolongación ao Viso: por Pereiro e o Viso con viaxes ao Castelo de Soutomaior
Prolongación a Reboreda: pola carretera xeneral de Fornelos de Montes
Prolongación a Cedeira: dende a rotonda do Mercadona, sube cara a dereita.
Prolongación á praia de Cesantes (15/06 a 15/09): por N-550 ata Cesantes.

Aliás, e dada a reconstrución da estación de tren “Redondela de Galicia”, dende República Olívica propoñemos a creación dunha estación de autobuses de Redondela neste mesmo punto, estruturándose como unha terminal intermodal, con non máis de catro dársenas.

Isto non debe comprometer ningún dos servizos prestados actualmente por Autos González. Por contra, implica a transferencia dunha parte das viaxes da concesión XG-817 (Eixo Atlántico, con anexos) para a concesión XG-624 (Vigo - Redondela, con anexos).

UVigo lanza unha liña operada por un vehículo autónomo

Como puidemos saber a partir do Diario Oficial da UVigo, a universidade vén de poñer en marcha a primeira liña de transporte público de España operada por un vehículo autónomo. Como se destaca no diario oficial, a liña terá unha lonxitude de tres quilómetros e seis paradas, e servirá para recoller datos de uso, frecuencias, viaxeiros e tráfico, nunhas condicións reais de circulación. Aliás, é o primeiro vehículo do Estado español a contar con validación operativa da Direción Xeral de Tráfico.

Isto marca un antes e un despois no transporte vigués. A liña comezará a operar a partires do vindeiro 2 de febreiro, e dende República Olívica tentaremos probala o mesmo día da inauguración.

sábado, 17 de enero de 2026

De como Monbus nos enseña estadística

En las imágenes tenéis una distribución normal estándar, con su media y su desviación típica. Del autobús Vigo - Redondela - Pontevedra por carretera, de las 15:00 h, sabemos lo siguiente:
- Sale a las 15:00 de la E. I. (metonímicamente, Vialia);
- “Si va muy cargado ya no para” (palabras del chófer que lo conduce).

En consecuencia, se realizó un muestreo en el que se recogieron (y se recogerán) datos desde octubre hasta que se tengan 30 muestras, lo que nos permite aproximarnos a una distribución normal, de donde extraemos cosas interesantes:
- La moda (el valor que más se repite) en Travesía de Vigo (cruce con calle Asturias) son las 15:08;
- La media vale 15:08:09,200 s; con una desviación estándar de 49,329 s;

μ ± σ = 15:08:09,2 ± 49,329 s;
μ ± 2σ = 15:08:09,2 ± 01:38,658;
μ ± 3σ = 15:08:09,2 ± 02:27,987.

Así, se puede inferir: P(μ ± σ) = 68%; P(μ ± 2σ) = 95%; P(μ ± 3σ) = 99,7%. Y, por lo tanto, se puede inferir, con un error del 1,36%, que nunca va a pasar 2 minutos y medio antes ni después de la hora media, es decir, P (X < 15:05:39,2) ≈ 0, P (X > 15:10:39,2) ≈ 0. Con el mismo error, la probabilidad de paso 1 minuto y 40 segundos antes (15:06:29) y después (15:09:49) de la hora media, es de una vez cada cuarenta, es decir, aproximadamente cero. Por último, la probabilidad de paso fuera del intervalo comprendido entre las 15:07:19,871 y las 15:08:58,529 es del 38%.

Con Monbus, ante la falta de información, hay que ejercer la ciudadanía mediante la inferencia estadística.

Una vez más enfunda su pluma,
Espiral Áurea.

sábado, 10 de enero de 2026

Novas líneas para o HAC

Desenvolvemos unhas cantas ideas no tocante ás liñas de autobús urbán de Vigo que atenden o Hospital Álvaro Cunqueiro, en diante, HAC.

1. Renomeamento
Pasa pola recuperación de liñas con numeración herdada doutras, así, a actual 6 herdou o seu número da antiga C6, polo que se propón o mantemento do percorrido actual da 6, fusionado a todos os efectos coa 29, e modificando a súa numeración por 6H ou H6. Consecuentemente, é perentoria a recuperación da Circular 6 previa á reforma de 2014. Do mesmo xeito, a liña 12B poderíase cambiar por 12H/H12, recuperando o anterior 12B (Matamá-Balsa a H. Meixoeiro) e descargando viaxes da 17. A liña 12 orixinal era o actual 12A, sendo o B unha creación que data da apertura do Hospital do Meixoeiro (fará uns corenta anos longos). A liña 18 xa ten o H, na súa variante das 9:04, 11:04 e 13:04.

2. Fusións: 9B-H1 e 24-H1
A fusión proposta nesta páxina, das liñas 9B, 24 e 28 coa liña H1, multiplicándose a frecuencia desta última, deben adquirir os nomes 9H/H9, 24H/H24, e para a 28, con cambio de rótulo no Areal, a H1, ou ben 28H/H28. Isto pasa, necesariamente, por establecer un proceso similar ao que mantén agora a liña 29 coa 6 e coa 25, alternativamente, a súa chegada á Pza. España.
Os percorridos serían os resultantes das respectivas fusións: ruta da H1 ata o centro, e cambio con 9B ou coa 24, segundo proceda. Faise saír, por suposto, á 9B dende a Estación de Tren de Guixar.

De escollerse a denominación H28 para a variante do 28, pódese crear un novo H1 a Navia, segundo o percorrido da actual lanzadeira por Navia e Bouzas, ida e volta, en ambos os sentidos.

A idea queda lanzada a partires dagora, dende aquí todo é mobilizarse e conseguilo.

Asina, Espiral Áurea.

viernes, 9 de enero de 2026

Un consorcio de transportes de Vigo

Desenvolvo aquí unha idea, nesta ocasión en lingua galega, en aras de pular pola normalización lingüística, a idea que tantos anos me rondou a cabeza dende que fun a Madrid, Barcelona e Polonia.

Toda grande cidade, ou dito doutro xeito, toda cidade que se queira chamar a si mesma “grande”, conta cun ente que xestiona o transporte da mesma e das súas poboacións próximas, así temos o Consorcio de Transportes de Madrid, a Autoritat del Transport Metropolità en Barcelona ou os diferentes consorcios de transportes das cidades polacas (que mantiveron o tranvía e das que xa falamos noutro artigo anterior).

Polo que aquí chega a cuestión: ¿Por que en Vigo non?

Facendo un exercicio imaxinativo, un posible Consorcio Olívico de Transportes podería incluir tres modos de transporte (bus, tren e barco) e unhas cantas empresas integrantes ou asociadas, das mencionadas diferentes modalidades. A saber, serían:

• De autobuses: Monbus, Autos González, Ojea, Lugove (ou a súa herdeira) e calquera outra que preste os seus servizos dentro da Área ou incluso da “améndoa” metropolitana;
• De tren, Renfe;
• E de barco, as Navieras Mar de Ons (Cangas) e Illa de Ons (“Nabia”, Moaña).

Deste xeito impulsaríase a multimodalidade no transporte, establecendo por exemplo as saídas de Autos González a Redondela en Cánovas do Castelo, a carón do C. C. “A Laxe”, ou conectando as estacións de tren de Porriño, Tui, Guillarei, etc., cos seus respectivos municipios, ou creando un servizo sinerxiado en As Neves entre o tren e as diferentes liñas de Ojea, por dar ideas.

Apostamos neste blogue pola creación, como política chave (“issue”) desta entidade, que por suposto, da parte pública involucraría ás diferentes concellarías de transportes dos Concellos implicados. Poderíase comezar por Vigo e os concellos cos que comparte fronteira (Redondela, Mos, Gondomar e Nigrán), ensaiando a viabilidade da idea.

En tempos de confrontación, a colaboración é revolución.

Asina, Espiral Áurea.