viernes, 9 de enero de 2026

Un consorcio de transportes de Vigo

Desenvolvo aquí unha idea, nesta ocasión en lingua galega, en aras de pular pola normalización lingüística, a idea que tantos anos me rondou a cabeza dende que fun a Madrid, Barcelona e Polonia.

Toda grande cidade, ou dito doutro xeito, toda cidade que se queira chamar a si mesma “grande”, conta cun ente que xestiona o transporte da mesma e das súas poboacións próximas, así temos o Consorcio de Transportes de Madrid, a Autoritat del Transport Metropolità en Barcelona ou os diferentes consorcios de transportes das cidades polacas (que mantiveron o tranvía e das que xa falamos noutro artigo anterior).

Polo que aquí chega a cuestión: ¿Por que en Vigo non?

Facendo un exercicio imaxinativo, un posible Consorcio Olívico de Transportes podería incluir tres modos de transporte (bus, tren e barco) e unhas cantas empresas integrantes ou asociadas, das mencionadas diferentes modalidades. A saber, serían:

• De autobuses: Monbus, Autos González, Ojea, Lugove (ou a súa herdeira) e calquera outra que preste os seus servizos dentro da Área ou incluso da “améndoa” metropolitana;
• De tren, Renfe;
• E de barco, as Navieras Mar de Ons (Cangas) e Illa de Ons (“Nabia”, Moaña).

Deste xeito impulsaríase a multimodalidade no transporte, establecendo por exemplo as saídas de Autos González a Redondela en Cánovas do Castelo, a carón do C. C. “A Laxe”, ou conectando as estacións de tren de Porriño, Tui, Guillarei, etc., cos seus respectivos municipios, ou creando un servizo sinerxiado en As Neves entre o tren e as diferentes liñas de Ojea, por dar ideas.

Apostamos neste blogue pola creación, como política chave (“issue”) desta entidade, que por suposto, da parte pública involucraría ás diferentes concellarías de transportes dos Concellos implicados. Poderíase comezar por Vigo e os concellos cos que comparte fronteira (Redondela, Mos, Gondomar e Nigrán), ensaiando a viabilidade da idea.

En tempos de confrontación, a colaboración é revolución.

Asina, Espiral Áurea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario