sábado, 2 de mayo de 2026

Cando as cousas se fan ben

Recentemente puidemos coñecer as estatísticas de uso dos autobuses gratuítos postos en marcha polo Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia polo cal se establecen catro frecuencias entre Pontevedra e Portas, tres con Campo Lameiro e outras tres con Moraña. Como se pode ler no enlace fornecido (hai que aceptar cookies), 300 viaxeiros empregaron o servizo só na primeira semana, polo que se nos amosa que cando as cousas se fan ben, falan os feitos.
Non podemos senón demandar que se profundice neste tipo de políticas. Dacordo con Pontevedra Viva, diario ap que puidemos acceder, a iniciativa conta cun investimento de 478.000 euros, a medias entre os 3 concellos (Pontevedra, Moraña e Portas), a Xunta e a Deputación de Pontevedra.

No entanto e como contrapunto, citamos tamén cando as cousas se fan mal pois, dende logo, a Xunta ordena X, Monbus di Y, Monbus fai Z, e o viaxeiro... Que aguante o seu carallo. O mesmo dá ie de Vigo a Marín que moverse entre Pontevedra e Cerponzóns...

No hay comentarios:

Publicar un comentario