Xestoso - CUVI (Filoloxía) - CUVI (Enxeñeiros)
Pendente media: 4,85 % (subida), 4,04% (baixada) (48,5 e 40 milésimas)
CUVI (Enxeñeiros) - Sobreira
Pendente media: 4,25% (42,5 milésimas)
A 72 km/h (20 m/s): 1 min 45 s
Sobreira - PTL (Vigosónico)
Pendente media: 7,56% (75 milésimas)
A 72 km/h (20 m/s): 1 min 20 s
En sentido descendente débese aplicar freado rexenerativo devolvendo enerxía á catenaria.
PTL (Vigo sónico) - Hospital
Pendente media: 2,59 % (26 milésimas)
A 72 km/h (20m/s): 2 min 5 s máis a entrada ao Hospital (≈ 200 m)
HAC - Pereiró (Clara Campoamor)
Pendente media: 3,23 % (32,3 milésimas).
A 72 km/h (20 m/s): 2 min 55 s
Suma dos tempos entre CUVI/ALTIA e Pereiró (paradas: Sobreira, PTL/Vigosónico (ambas de 1:30, Hospital (3 min)):
1 min 45 s + 1 min 20 s + 2 min 5 s + 2 min 55 s = 8 min 5 s. Con 6 minutos de paradas temos 14 min 5 s.
Tal e como se ve, trátase dunhas pendentes elevadas para un ferrocarril convencional. Non así para un tranvía, que pode subir pendentes do 11%. Sobre a reconversión a tren lixeiro, sería conveniente, xa que permite velocidades de circulación maiores (entre 70 e 100 km/h nalgúns tramos).
Tampouco é mala idea meter o tranvía dentro do Hospital, ata a parada da porta principal, en vía única. Habería que pedir permiso á Xunta.
Sumamos as distancias entre “Decomar” (inicio da Estrada de Clara Campoamor) e ALTIA (parada do CUVI):
2,1 + 1,6 + 2,7 + 3,5 = 9,9 (10 km). A unha velocidade media de 72 km/h (20 m/s) e sen paradas intermedias (servizos lanzadeira Pereiró - CUVI), podería chegarse ao CUVI en:
(10.000/20)/60 = 500/60 = 50/6 = 8 min 20 s
O outro tramo, de non facerse as paradas intermedias (ALTIA - Xestoso; 7,3 km) poderíase facer, a 72 km/h (20 m/s) en:
(7300/20)/60 = 365/60 = 6 min 5 s
Aportándonos un tempo total de 14 min 25 s.
Todo isto, lóxicamente, debe facerse coa pertinente regulación semafórica, xa que un atropelo a 72 quilómetros por hora pode ser mortal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario