Dende a parada do Corte Inglés, este é o percorrido calcado da liña 17, e entre García Barbón e Travesía de Vigo é o percorrido calcado das liñas 5A e 5B (e da 31 entre o nó de Isaac Peral e a primeira parada de Gregorio Espino), así como da C3 excluíndo a circulación por Chapela (Avda. Galicia, Avda. Vigo, Avda. Redondela e Ángel de Lema), e o treito García Barbón - Buenos Aires solapa o percorrido da L10 nas viaxes a Teis (laborables e sábados).
Hai varias formas de resolver isto, dado que Sanjurjo Badía é unha rúa estreita:
Na contorna de Sanjurjo Badía:
• En sentido baixada, que todas as liñas (C3, 5B e 10) fagan o percorrido da 17, entrando por Doutor Corbal en dirección Pedro Alvarado, Enrique Lorenzo, Guixar, Julián Estévez, e garantindo transbordos permanentes na rotonda da Marina Española e enfronte do número 252 de Sanjurjo Badía, para quen queira baixar ao centro por alí. Por suposto, ao meter o tranvía en Riós, o percorrido da 17 por alí suprímese.
• Para a liña 10, dada a súa frecuencia dunha hora, a outra opción é que vaia en ambos sentidos por Travesía de Vigo e baixa por Numancia, Doutor Canoa e Isaac Peral en dirección centro, e suba por Isaac Peral, Antón Beiras e Travesía de Vigo ata Teis. En sentido baixada (Berbés, Samil, Vao, Saiáns), dende Isaac Peral seguiría por Areal, Guixar, Canceleiro, Rosalía de Castro, Inés Pérez de Ceta e Areal, collendo liña alí. O percorrido resaltado aplicaríase tamén para a C3, a 5B e a 17 dende Julián Estévez (no caso da 17 deberá subir por Colón, de xeito inevitable, xa que circula por Venezuela e Camelias). Esta medida reduce o treito de estrita coincidencia co tranvía ao tramo entre a Calzada e o nó de Isaac Peral.
En canto ao sentido subida:
• No tramo de estrita coincidencia do Centro (García Barbón), mándanse todos os autobuses que circulen por aí (C3, 5B, 10, 17), pola Rúa Areal ata o nó de Isaac Peral
• A partir do nó de Isaac Peral; ou ben mándanse a 5B e a 17 pola rúa das Coutadas, en toda a súa lonxitude (o problema que ten isto é o xiro cara a Travesía de Vigo, tanto na propia rúa das Coutadas como no camiño de Frián, que xa é difícil para automóbiles de turismo, e imposible para un autobús de 12 metros), ou ben se volve entrar en Sanjurjo Badía ao final da rúa das Coutadas (na contorna da cafetería Liverpool). Probar tamén se un autobús cabe pola rúa Santander.
• No caso da C3, hai que cadenciala co tranvía, non queda outra, podéndose mandar viaxes por “arriba”, subindo por Isaac Peral e Antón Beiras, Travesía e que collan liña en Buenos Aires, Avenida de Galicia, etcétera, e circulando así de xeito alternativo por unha e outra rúa.
Na contorna de Travesía de Vigo e Aragón:
• Se o tranvía se constrúe só en Travesía de Vigo, mándanse todas as liñas por Aragón, a partires da rotonda que une ambas rúas, e así toda a Travesía de Vigo é exclusiva para o tranvía e automóbiles de turismo.. Se o tranvía se constrúe só por Aragón, dado que a frecuencia do 4A é de 34~36 minutos, débense cadenciar os dous servizos.
• En cambio, se o tranvía se constrúe por ambas as dúas rúas, temos un problema serio, que se pode solventar de xeito sinxelo: Nos ocos entre tranvías, a circulación de autobuses faise por unha rúa ou por outra, alternativamente.
Na rúa Pizarro:
Como é moi probable que non se poida meter un tranvía pola Avenida de Madrid, vaise ter que ir e volver por Pizarro, e isto é un problems gordo porque xa hai un carril bici e a rúa Pizarro vaise conxestionar máis do que está, polo tanto o que se pode facer é:
• Para as liñas que veñen de Jenaro de la Fuente dirección Centro (4A, 4B, 11, 15B, 15C...), manter a parada en Choróns e mandalas por Urzáiz, Gran Vía, María Berdiales e Progreso ata o Concello (Paseo de Granada),
• Mentres que para as liñas que van cara a Praza de España (C3, 6, 15A, 25, 27...) pódese substituír a súa parada en Choróns pola de Gregorio Espino, 2: a partir de aquí, farían Gregorio Espino, Avenida de Madrid e Praza de España, ou ben subindo por Gaivota e Filipinas, dando servizo á parte baixa de San Roque (podendo repartir as liñas por ambos os percorridos).
A solución radical, para todas as liñas, é a segunda, perdéndose o servizo por Urzáiz, perda que se pode reparar construíndo outro tramo de tranvía por alí.
Lóxicamente, se se constrúe un tranvía en Pizarro seguiríase por Gran Vía ata Castelao, Avenida de Europa e Samil, coincidindo de cheo o percorrido coa liña C3 de Coia (en verán e en fins de semana durante todo o ano), coa 6/25/29 (ata a Praza de América) e coa 15A (excepto o tramo en Navia). Na Gran Vía, autobuses e tranvías deben convivir, facéndose as paradas dos tranvías dentro da mediana, e as dos autobuses onde están. Isto habilita servizos de tranvía directos, sen unha soa parada entre a Praza de España e a Praza de América, podéndose circular a unha velocidade media maior, o que repercute nun beneficio a determinadas horas do día.
O impacto en Fragoso, Camposancos, a estrada do Vao e a estrada da costa que une o Vao con Samil é ben distinto, xa que a densidade de circulación de autobuses por alí é menor.
A función do Tranvía debe ser substituír parte dos percorridos do autobús urbano, mais tamén complementar, habilitando que os autobuses dean servizo por rúas polas que actualmente non circulan (Isaac Peral en sentido subida, Antón Beiras, rúa das Coutadas, rúa de Santander, o eixo Pedro Alvarado - Enrique Lorenzo - Guixar - Julián Estévez, escasamente circulado na actualidade...)
A última solución, e a máis sensata, é implantar o tranvía por Sanjurjo Badía de xeito progresivo, facendo só unha vía en sentido baixada (xa que en sentido baixada os autobuses se poden desviar e non estorbarán), permitindo ambos os sentidos de circulación por ela, e asegurando os cruzamentos en determinados puntos, como por exemplo a rotonda con Pedro Alvarado, a cafetería Liverpool e o Colexio Apóstolo - Xesuítas, etcétera, así como nos extremos (Buenos Aires e Calzada (García Barbón, 126)).
No hay comentarios:
Publicar un comentario