As dúas vías serán de ancho métrico e deberán ser aptas para circular a 45 km/h (12,5 m/s). A electrificación será acorde coa do resto da rede (600 ou 750 voltios, c.c.), e teranse unha serie de paradas, como por exemplo:
• Colexio Amor de Dios (saída);
• Castelao - Escolas (fronte aos volcáns);
• Castelao - Coia (na altura da ABANCA de Castelao);
• Castelao - Alcampo (ou antes ou despois da rotonda, nunca no medio. Pódese facer como as paradas do Vitrasa, que segundo o sentido da circulación están ambas as dúas pasando a rotonda).
• Castelao - Estrada (na entrada da Rúa Estrada);
• E por último, Castelao, 1 (sentido Praza de América) e Praza de América, 3 (sentido Castelao).
Ao ser todas as paradas intermedias, pódense facer en 60 segundos, excepto en Praza de América e no Colexio Amor de Dios, que ao seren intercambiadores se debería parar como mínimo dous minutos. Así, teríamos 4 minutos das cabeceiras, outros 4 das 4 paradas intermedias, e por exemplo circulando a 36 km/h, un tempo de percorrido de 220 segundos (3 minutos 40 segundos). Polo que en aproximadamente 10 minutos se pode percorrer o ramal. Serviría como conexión a Samil, á futura entrada a Navia, e como conexión co Ramal de Manuel de Castro, do que falaremos na seguinte entrada.
Hai que ter en conta de que ao tratarse dunha avenida de 4 carrís (dous por sentido) poderíase segregar a circulación, reservando dous carrís para coches e autobuses e os outros dous exclusivamente para o tranvía (o que permitiría velocidades maiores, malia facer necesaria a construción de pasos elevados) ou ben dous para autobuses e tranvías, e dous para coches. Para a electrificación pódese e débese aproveitar que na mediana da Avenida de Castelao hai farolas colocadas. En moitas redes tranviarias aprovéitanse as farolas como apoios da catenaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario