(Anuncio no Faro de Vigo do 14/07/1998, fonte: Vigo360)
A circular C2 ou Circular Segunda era unha liña de autobús urbano de Vigo que se perdeu tralas supresións ocasionadas pola pandemia en 2020. A información relativa á súa historia e evolución podédela ler aquí, limitándose este artigo a propoñer un novo percorrido para esta liña, baseándonos no que tiña cando desapareceu.
Tería cabeceira en San Lourenzo, como o 31, para baixar por Isaac Peral, Areal (sen entrar en García Barbón), facendo a parada da Estación de Ferrocarril de Guixar, e dende alí por Canceleiro e Rosalía de Castro, atendendo ao centro de saúde (que quedou desatendido tras a supresión do paso da C2 e a 10 por Rosalía de Castro). Dende aquí continuaría por Inés Pérez de Ceta, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui, Cánovas del Castillo, Gaiteiro Ricardo Portela e xiraría á esquerda en Torrecedeira, para subir cara a Pi i Margall pola rúa Llorente, e continuar por Falperra e Cachamuíña (atendendo ao Concello, que quedou desatendido tras o corte do Paseo de Afonso XII), subindo Enrique Blein Budiño e, no canto de torcer cara Venezuela (que, ao contrario de cando a C2 funcionaba, estaba desatendida), xiraría cara á dereita para facer a Rotonda do Bicentenario e subir polo Couto, en sentido contrario a como fai a 27, e dende aquí pola avenida de Manuel Olivié ata o Castelo do Castro, subida e baixada, para saír á Praza de España. Dende aquí, ou ben por Pizarro e Vázquez Varela, ou ben por Puerto Rico, ata Santa Rita, Couto de San Honorato e Reiseñor. Ata aquí, o percorrido é semellante ao que tiña cando se suprimiu, e é neste punto onde propoñemos dúas variantes: unha que baixe Faisán cara ao Centro de Saúde da Dobrada, e dende aquí por Fernando Lago Olano a Gregorio Espino, dando a volta na antiga Estación de Autobuses e indo a facer cabeceira en Gregorio Espino, 79; ou ben dende Reiseñor por Aguia, Doutor Carracido, Martínez Garrido (en sentido Escola de Idiomas), de novo baixa por Martínez Garrido e acaba chegando a Gregorio Espino, 79. Unha vez aquí faría o mesmo que antes: Gregorio Espino, Travesía de Vigo e San Lourenzo.
Poderíase valorar que segundo baixa Martínez Garrido fixera percorrido pola rúa Estorniño, para dar un servizo que antes daba a Circular 4C.
En canto a frecuencia, poderíase recuperar con pasos cada 30 minutos en días laborables, tendo en conta que a Escola de Idiomas abre ás 08:30, do mesmo xeito que os centros de saúde, e que o último tren que chega a Guixar faino ás 23:00. A partires de aquí, iríase recuperando paulatinamente en sábados e domingos e festivos, como chegou a funcionar antes de ser suprimida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario