martes, 3 de febrero de 2026

Do funcionamento do Sistema SIAM

InfoBUS Bot era un programa informático a través do cal se creou unha aplicación para Telegram co mesmo nome. Sen embargo, dende hai un tempo deixou de funcionar por razóns que descoñecemos.

Ante isto, queda recorrermos á estrutura dos enlaces xerados polos códigos QR das paradas, que son do seguinte xeito:

https://infobus.vitrasa.es:8002/Default.aspx?parada=390 (Aragón, 26)

https://infobus.vitrasa.es:8002/Default.aspx?parada=8540 (Travesía de Vigo, 193)

Tal que para coñecermos o paso por unha parada, teclearemos:

https://infobus.vitrasa.es:8002/Default.aspx?parada=XXXX (onde XXXX é o código da parada, en números arábigos)

Por exemplo, para a parada 8400:

https://infobus.vitrasa.es:8002/Default.aspx?parada=8400

Para a parada 5164, por exemplo, o Sistema Siam mostra a mensaxe “Parada Inexistente”.

O enorme inconveniente que temos é que ninguén sabe de memoria os números das paradas; a vantaxe é que estando nunha parada, basta con teclear o seu código no enlace mencionado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario