sábado, 24 de enero de 2026

Proposta de autobús urbano Vigo - Redondela - Viso/Cedeira/Reboreda, con anexos (XG-624)

A partires dos datos colleitados na entrada “De como Monbus nos ensina estatística” propoñemos, en República Olívica, a creación dunha liña operada por un consorcio entre Monbus, Vitrasa e Autos González, dende a estación intermodal de Vigo ata Redondela (Farola), con prolongacións ao Viso, ao Castelo de Soutomaior, a Reboreda, a Cedeira e á praia de Cesantes. O horario sería de 8 a 22h, cada dúas horas, cos seguintes pasos (en cada parada débese facer unha regulación de un minuto):

Vigo E. I.: 00'.
Travesía, 43: 08' ± 50 segundos.
Avda. Galicia/Buenos Aires: 16' ± 50 s.
IES Teis - Sete Torres: 19' ± 50 s.
Chapela (Mercado): 25' ± 2 minutos.
Rande: 30' ± 2 minutos.
Redondela (Farola): 40' (Regulación aquí)
Prolongación ao Viso: por Pereiro e o Viso con viaxes ao Castelo de Soutomaior
Prolongación a Reboreda: pola carretera xeneral de Fornelos de Montes
Prolongación a Cedeira: dende a rotonda do Mercadona, sube cara a dereita.
Prolongación á praia de Cesantes (15/06 a 15/09): por N-550 ata Cesantes.

Aliás, e dada a reconstrución da estación de tren “Redondela de Galicia”, dende República Olívica propoñemos a creación dunha estación de autobuses de Redondela neste mesmo punto, estruturándose como unha terminal intermodal, con non máis de catro dársenas.

Isto non debe comprometer ningún dos servizos prestados actualmente por Autos González. Por contra, implica a transferencia dunha parte das viaxes da concesión XG-817 (Eixo Atlántico, con anexos) para a concesión XG-624 (Vigo - Redondela, con anexos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario