Imaxe dun autobús da liña 18 tomada en 2016 por Mr. Vigo
Disclaimer: Rajada importante. Entrada escrita con falta de sono, pero non por rajar se din menos verdades.
Así, temos a 18A, que asume o percorrido da liña 18 orixinal; por outra banda a 18B, que asume o percorrido por Quirós propio da 21, e por outra banda o invento da 18H (porque é un invento para poder dicir que hai sete liñas no Hospital Álvaro Cunqueiro, sen mencionar que unha delas, a H3, circula dúas veces ao día, e a outra, a 18H, circula tres veces ao día, con saídas ás 9:04, 11:04 e 13:04...) En canto ás outras cinco, a lanzadeira H funciona unha vez, pola mañán, e só nun sentido; a H1 nin está nin se lle espera -debería circular cada media hora todo o día-; a H2 dividiuse en 2 para tapar o despropósito da C2 mandando viaxes alternas por Avenida de Madrid e por Couto San Honorato; a 6 vai sempre fóra de hora porque arrastra os atrasos que se come como 29, e a 12B fai o que pode, e bastante fai. Por non falar dos cambios que se fan no hospital entre 6 e H1, que iso dá para outra entrada máis.
Cos horarios actuais, dáse a infamia de que en Pouleira, entre as 3 e as 7 da tarde en días laborables non hai ningún autobús, mentres que os sábados hai autobuses cada dúas horas, historia digna de contar nunha película como El 47. Torre Baró es Barcelona, y Pouleira es Vigo.
Antes, a liña 21 circulaba cada hora dende Praza de España, con viaxes, alternativamente, a Matamá e Pouleira, garantindo un autobús cada dúas horas en ambos destinos. Circulaba por Portoloureiro, Chabarras, Saa, Brea, Lagoa, Couto e Pouleira, e as viaxes de Matamá desviábanse cara a Carneiras, polo centro de saúde, nunha ruta semellante á que fai actualmente a liña 12B nas viaxes por Matamá. Agora, coa 18A e a 18B temos dous itinerarios diferentes para chegar ao mesmo sitio (Sárdoma): un deles por Quirós, zona urbanizada pertencente á parroquia de Sárdoma que padece a infamia de non ter autobuses en horario de tarde, e outro pola Salgueira, que en horario de tarde (é dicir, ás tres e ás sete da tarde, e ás nove da noite, porque o resto de viaxes finalizan no centro de saúde de Sárdoma), dende Sárdoma amplía pola Estrada de Moledo ata Brea, Lagoa, Couto e Pouleira, ida e volta. Os sábados, o percorrido que se fai cara a Pouleira é este, en todas as viaxes. Na web de Vitrasa pódese comprobar.
En canto á 18H, é unha cousa bastante estraña: mesturaron o percorrido da 18 pola Salgueira (Baixada á Laxe, etcétera) con parte do percorrido da antiga 21 (o percorrido que facía por Castrelos Costa e Falcoa, que coa desaparición da 21 a Matamá se perdeu), con parte do 27 ata a Estrada de Clara Campoamor, onde colle cara ao Hospital.
Unha empresa seria revertería este despropósito, restaurando a antiga liña 21 e deixando a 18 como está (ampliada ata a Praza de Miraflores grazas á mobilización veciñal). E unha proposta é que as viaxes á Pouleira se fagan baixo o rótulo de 21, co percorrido da antiga 21 (actual 18B), que a 18A se lle retire a letra, e quede como 18 (deixándoa tal como estaba), e que a liña que vai ao Hospital se renumere como liña 20 e continúe a Matamá, como facía o antigo 21 de Matamá, ou ben se manteña a numeración "18H", especificando no rótulo "HOSPITAL" de xeito claro, xa que o viaxeiro non é adiviño. Incluso, poderíase subir e baixar dende Pouleira por Seixiños ata a estrada de Coutada (Beade), estrada de Porto, estrada da Venda e Hospital, en sentido ida, e facer a volta por Presas e Seixiños (como fai a 27) baixando de novo a Pouleira. Naturalmente, isto en laborables faríase baixo a denominación de 21. Isto sería especialmente útil en sábados, xa que a Pouleira o autobús adoita ir baleiro (ou polo menos ese é o pretexto que pon Vitrasa para non dar ese servizo), e o mesmo para a variante de Matamá (Costa de Castrelos - Falcoa - Ramiro Pascual - Carneiras - Matamá, segundo 12B - Hospital e volta por Clara Campoamor).
Deste xeito, liberaríase a liña 12B, xa dada de si e máis estirada que un chicle, de ter que circular por Matamá polo simple feito de recortar servizos para cadrar as contas. Claro que isto non ocorrería se a xestión do transporte público vigués fose directamente municipal, e se se establecesen obrigas de servizo público, pero ese é outro debate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario