(Imaxe de arquivo, propiedade de Javier López en
Flickr)
O Expreso de Irún era un
tren que ata non fai moito tempo unía as diferentes cidades galegas (Vigo, Santiago, Coruña, Ourense e Lugo, acoplándose todas as ramas en Monforte) coas cidades do País Vasco (Bilbao, San Sebastián, Irún e Hendaya), que se perdeu trala súa
supresión, pola pandemia de COVID-19, por parte de Renfe. Este tren uniu Galicia con Euskadi en distintas configuracións: coa rama de Coruña baixando a Santiago e acoplándose en Ourense coa rama de Vigo; cun vagón saíndo de Santiago e a rama de Coruña circulando por Lugo...; permanecendo unicamente inalterada a viaxe dende Vigo, que circulaba pola liña do Miño con paradas en Redondela, O Porriño, Guillarei, Ribadavia e Ourense (ás veces eliminábanse ou engadíanse algunha das estacións intermedias entre Redondela e Ourense, segundo por onde lle dese o vento a Renfe). O caso é que en Ourense acoplábase o vagón (porque o normal é que fose un único vagón) procedente de Santiago, que paraba en Carballiño e, nos seus mellores tempos, en Lalín) e o tren continuaba ata Monforte, onde se acoplaba a rama de Coruña e Lugo, que nos seus mellores tempos paraba en Betanzos - Infesta, Curtis, Teixeiro, Guitiriz e Sarria, ademáis de en Lugo capital. Dende aquí facía máis paradas que o Alvia de Barcelona (practicamente as mesmas ata León: San Clodio - Quiroga, A Rúa - Petín, O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Bembibre, Astorga e León), para continuar por Sahagún, Palencia, Burgos - Rosa de Lima (como se chamaba a estación daquela), Briviesca e Miranda de Ebro. Aquí, a rama de Vigo ía cara Bilbao, parando en Llodio, e as ramas de Santiago e Coruña paraban en Vitoria/Gasteiz, Altsasu, Zumárraga, San Sebastián/Donostia, Irún e Hendaya (só baixada de viaxeiros). O tren de regreso saía de Irún, e facía o mesmo percorrido de volta. No caso que nos incumbe, que é Vigo, saía sobre as nove da mañá, para chegar ao País Vasco cara ás oito da tarde, e o servizo prestábase con coches Arco e locomotoras da serie 252 de Renfe. Trala venda destes coches a Comboios de Portugal (restaurados polo país veciño e utilizados con éxito alí), dende aquí propoñemos a recuperación deste tren (dadas as circunstancias do corte da liña do Miño expostas
na entrada anterior), cun vehículo da Serie 120 de Renfe, de ancho variable e cun coche Preferente, como dispuña o anterior servizo. Baseándonos nos mesmos horarios que o Alvia de Barcelona, propoñemos un horario novo para unha hipotética recuperación deste servizo, ata Vitoria/Gasteiz:
Vigo-Urzáiz 10:32
Pontevedra 10:48
Vilagarcía de Arousa 11:04
Santiago (saída) 11:30
Ourense 12:25
Monforte 13:15
San Clodio - Quiroga 13:42
A Rúa - Petín 14:05
O Barco de Valdeorras 14:16
Ponferrada 14:52
Bembibre 15:08
Astorga 15:52
León 16:35
Palencia 17:19
Burgos - Rosa Manzano 17:58
Miranda de Ebro 18:57
(Rama de Bilbao a Llodio e Bilbao, cunha hora estimada de chegada a Bilbao entre as 20:00 e as 20:30)
Vitoria/Gasteiz 19:23
(Rama de Hendaya a San Sebastián e Irún, cunha hora estimada de chegada a Irún na contorna das 21:00)
De xeito inverso:
(Saída estimada de Irún entre as 09:30 e as 10:00)
Vitoria/Gasteiz 11:03
(Saída estimada de Bilbao arredor das 10:30)
Miranda de Ebro 11:26
Burgos 12:33
Palencia 13:10
León 13:58
Astorga 14:39
Bembibre 15:22
Ponferrada 15:38
O Barco de Valdeorras 16:17
A Rúa - Petín 16:29
San Clodio - Quiroga 16:51
Monforte de Lemos 17:16
Ourense 18:01
Santiago de Compostela (saída) 18:50
Vilagarcía 19:22
Pontevedra 19:40
Vigo-Urzáiz 19:57
De novo, isto débese facer tendo en conta a rama de Coruña e a rama de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario