Liña 15: é perentorio desacoplar o 15C e independizalo das liñas 15A e B, ou ben duplicar os vehículos, pasando a ter á 15A circulando cada 15 minutos, e as outras dúas cada 30. Os sábados, a 15C debe subir á Universidade.
Liña 16: recuperación do percorrido circular inverso ao da C1. Recuperación da C4B.
Liña 17: como imos propoñer a recuperación da 20, a 17 tería a súa fin, alternativamente, en Matamá e Canteiros, 49 (Fonte Alvite). Mantemento da súa frecuencia actual, con viaxes a Ríos a demanda.
Liña 18: desmembramento en dúas, quedando como 18 a actual 18A.
Liña 20: recuperaríase un número histórico co percorrido anterior á súa eliminación (Pza. Industria - Freixo), e coa mesma frecuencia (60' en laborables e 120' en sábados).
Liña 21: as actuais variantes B e H da liña 18, collerían o número 21 e circularían, alternativamente, cara a Pouleira (B) e o HAC e Matamá (H), respectivamente. Funcionamento en laborables e sábados. Tanto en sábados como nos festivos, sairía ás 08:00, 15:00 e 22:00 do Hospital.
Liña 23: prolongación horaria cara a mañá e a noite, e pasos por Stellantis Vigo no entorno das 6, 14 e 22 horas. Primeira saída da factoría ás 06:15, última ás 22:15. Prolongación a Navia por Castelao.
Liña 24: Fusión co H1, xa tratada neste blogue, en entradas anteriores.
Liña 25: Desacoplamento da 29, ou ben, un aumento nos autobuses da 29 que faría circular esta última cada 15 minutos, establecéndose en 30 a frecuencia da 25. Poderíase prolongar ao Hospital do Meixoeiro ou ao Aeroporto de Peinador, experimentalmente.
Liña 27: prolongación ao HAC e ensaios ao CUVI entre as 08:00 e as 15:00. Duplicación dos autobuses, pasando a circular cada 34 minutos en lugar dos 68 actuais.
Liña 28: Servizo a demanda. Fusión coa 24, 9B e H1 xa tratada noutras entradas ("Sobre as liñas 24, 28 e H1").
Liña 30 (Circular Nocturna): Recuperación das saídas horarias ás 23:00, 00:00, 01:00, 02:00 e 03:00. Restablecemento das liñas N2 e N3. Potenciación da N4. Ensaios coa C1 nocturna en laborables.
Liña 31: Ensaios ao CUVI, redución da frecuencia a 20 ou 15 minutos en laborables. Recuperación da frecuencia de 40 minutos en sábados e ensaio desta en domingos. Débese garantir viaxes ás 8, 15 e 22 do Hospital do Meixoeiro todos os días da semana, incluíndo o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, coa correspondente prima salarial aos condutores.
Liñas "U": creación de novos "U's" (U3 a Navia, U4 a Coia e Bouzas, U5 a Teis, etc.). Incorporación da denominación "U6" para a ampliación da 6 ao Campus Universitario, así como "U14", "U31", etc.
PTL: Como se propón dende Vigo360, blogue no que fun colaborador, poderíase ampliar a H2 en días non festivos da Universidade. Porén, isto empeoraría a frecuencia da H2 polo que se require incorporar un segundo vehículo na liña.
Liñas "H": respecto da H1 falamos, tanto en República Olívica como en Vigo360, sobre a fusión coa liña 24 e incluso coa 9B; en canto á H2 poderíase facer unha ampliación por Martínez Garrido, Jenaro de la Fuente e Travesía de Vigo en viaxes provenientes da Avda. Madrid, e en sentido contrario coas viaxes do Barrio de Ribadavia e Reiseñor. A liña H3 debe circular todo o día, de 7 a 21 en sentido Hospital, e de 8 a 22 en sentido Teis. Débense garantir expedicións ás 8, 15 e 22 todos os días da semana.
Con isto, pouco queda por engadir. Calquera suxerencia é benvida, veña de quen veña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario