1. Renomeamento
Pasa pola recuperación de liñas con numeración herdada doutras, así, a actual 6 herdou o seu número da antiga C6, polo que se propón o mantemento do percorrido actual da 6, fusionado a todos os efectos coa 29, e modificando a súa numeración por 6H ou H6. Consecuentemente, é perentoria a recuperación da Circular 6 previa á reforma de 2014. Do mesmo xeito, a liña 12B poderíase cambiar por 12H/H12, recuperando o anterior 12B (Matamá-Balsa a H. Meixoeiro) e descargando viaxes da 17. A liña 12 orixinal era o actual 12A, sendo o B unha creación que data da apertura do Hospital do Meixoeiro (fará uns corenta anos longos). A liña 18 xa ten o H, na súa variante das 9:04, 11:04 e 13:04.
2. Fusións: 9B-H1 e 24-H1
A fusión proposta nesta páxina, das liñas 9B, 24 e 28 coa liña H1, multiplicándose a frecuencia desta última, deben adquirir os nomes 9H/H9, 24H/H24, e para a 28, con cambio de rótulo no Areal, a H1, ou ben 28H/H28. Isto pasa, necesariamente, por establecer un proceso similar ao que mantén agora a liña 29 coa 6 e coa 25, alternativamente, a súa chegada á Pza. España.
Os percorridos serían os resultantes das respectivas fusións: ruta da H1 ata o centro, e cambio con 9B ou coa 24, segundo proceda. Faise saír, por suposto, á 9B dende a Estación de Tren de Guixar.
De escollerse a denominación H28 para a variante do 28, pódese crear un novo H1 a Navia, segundo o percorrido da actual lanzadeira por Navia e Bouzas, ida e volta, en ambos os sentidos.
A idea queda lanzada a partires dagora, dende aquí todo é mobilizarse e conseguilo.
Asina, Espiral Áurea.
Percorridos:
ResponderEliminar9B-H1: Candeán (por San Cristovo, Manuel Costas Bastos - Devesa - Goleta - Salgueiro - Rabadeira e saída por Avda. Aeroporto)- Avda. Aeroporto - J. de la Fuente - Travesía - Vía Norte - Urzáiz - Colón - G. Barbón - Miragalla - Estación Guizar - Areal - Pza. Compostela - Gª Olloqui - Cánovas do Castelo - Gaiteiro R. Portela - Torrecedeira - Pza. E. Fadrique - Coruña - Pza. América - Castrelos - Clara Campoamor - Hospital
24-H1: ibídem, pero dende Poulo, por rúa da Vista do Mar, rúa Cantabria, Avda. Aeroporto e percorrido como a 9B-H1, no caso da 24 vai igualmente por Vía Norte.
28-H1: depende do punto de finalización e inicio da liña, en cada unha das viaxes. Pódese facer dende Via Norte por Vázquez Varela, Pizarro ou ben Santa Rita r Puerto Rico, á Pza. España
A volta para a 9B-H1 é por San Cristovo directamente.
Eliminar